Comprobe a súa copia de seguranza
Despois de respaldar os seus ficheiros debería asegurarse de que a copia de seguranza se realizou correctamente. Se non fixo correctamente pode perder datos importantes, xa que algúns ficheiros poden faltar na súa copia de seguranza.
Ao usar Ficheiros para copiar ou mover ficheiros, o computador compróbaos para asegurarse de que todos os datos foron transferidos correctamente. Porén, se está transferindo datos que son moi importantes para vostede, debe levar a cabo comprobacións adicionais para confirmar que os seus datos foron transferidos correctamente.
Pode facer unha comprobación mirando os ficheiros e cartafoles copiados no soporte de destino. Ao abrir e comprobar os ficheiros copiados, poderá ver se os ficheiros comprobados se copiaron correctamente.
Se observa que soe facer a miúdo copias de seguranza de grandes cantidades de datos, pode que lle resulte máis doado usar un programa específico de copias de seguraza, como Déjà Dup. Ese programa é máis potente e fiáble que simplemente copiar e pegar os ficheiros.