Onde gardar a súa copia de seguranza
Debería gardar as copias de respaldo dos seus ficheiros nalgún sitio separado do seu equipo — nun disco duro externo, por exemplo. Desta maneira se o seu equipo rompe, a copia de seguranza estará intacta. Para unha máxima seguranza, non debería manter o respaldo no mesmo edificio que o seu equipo. Se hai un incendio ou un roubo, as dúas copias dos datos pódense perder se se manteñen xuntas.
É importante seleccionar un medio de respaldo axeitado tamén. Debe almacer os seus respaldos nun dispositivo que teña capacidade dabondo para tódolos ficheiros respaldados.
Opcións de almacenamento locais e remotas
Chave de memoria USB (pouca capacidade)
Unidade de disco interno (moita capacidade)
Unidade de disco interno (moita capacidade)
Unidade de rede (moita capacidade)
Unidade de rede (moita capacidade)
CD ou DVD escribíbeis (pouca ou moita capacidade)
Un servizo de copias de seguranza en liña Amazon S3 ou Ubuntu One, por exemplo. A capacidade dependerá do prezo
Algunhas destas opcións teñen suficiente capacidade de permitir facer unha copia de seguranza de cada ficheiro no seu sistema, tamén coñecido como copia de seguranza completa do sistema.