Porque teño que facer unha calibración por min mesmo?
Xeralmente os perfiles xenéricos son malos. Cando un fabricante crea un modelo novo, simplemente toman algúns elemento da liña de produción e miden a súa media:
As pantallas difiren bastante dunha unidade a outra e poden cambiar sustancialmente ao longo do tempo. Tamén é máis difícil para as impresoras, xa que o simple cambio de tipo ou peso do papel poden cambiar o estado de caracterización e facer que o perfil non sexa preciso.
A mellor forma de asegurarse de que o perfil que ten é preciso é realizando a calibración vostede mesmo, ou permitindo que unha empresa externa lle forneza un perfil baseado no seu estado de caracterización exacto.