Ligar e desligar contactos
Contido
Pode combinar contactos duplicados desde o caderno de enderezos local e as contas en liña na entrada de Contactos. Esta característica axúdalle a manter a súa axenda de enderezos organizada, con todos os detalles dun contacto no mesmo sitio.
Active o modo de selección premendo no botón de marca sobre a lista de contactos.
Aparecerá unha caixa de verificación ao carón de cada contacto. Marque as caixas dos contactos que queira unir.
Prema Ligar para ligar os contactos seleccionados.
Desligar contactos
Pode querer desligar contactos se accidentalmente ligou contactos que non deberían ligarse.
Seleccione o contacto co que desexa desligar desde a súa lista de contactos.
Prema Editar na esquina superior dereita de Contactos.
Prema Contas ligadas.
Prema Desligar para desligar a entrada do contacto.
Peche a xanela en canto remate o desligado de entradas.
Prema en Feito para rematar a edición do contacto.