É posíbel copiar ou mover un ficheiro ou cartafol nunha nova localización arrastrando e soltando co rato, usando as ordes de copiar e pegar, ou mediante combinacións de teclas.
Por exemplo, é posíbel que queira copiar unha presentación nunha tarxeta de memoria para traballar con ela. Ou ben, podería facer unha copia de seguranza dun documento antes de realizar cambios no mesmo (e logo empregar a copia antiga non lle gustan os cambios).
Estas instrucións aplícanse tanto aos ficheiros como aos cartafoles. Copia e move ficheiros e cartafoles da mesma forma.
Copiar e pegar ficheiros
Seleccione o elemento que quere copiar premendo sobre el unha vez.
Prema co botón dereito Copiar ou prema Ctrl+C.
Vaia a outro cartafol onde queira poñer a copia do ficheiro.
Prema o botón de menú e seleccione Pegar para rematar a copia do ficheiro, ou prema Ctrl+V. Agora debería haber unha copia do ficheiro no cartafol orixinal e no outro cartafol.
Cortar e pegar ficheiros (para movelos)
Seleccione o elemento que quere mover premendo sobre el unha vez.
Prema co botón dereito Editar, ou prema Ctrl+X.
Vaia a outro cartafol onde queira mover o elemento.
Prema o botón da menú e seleccione Pegar para rematar o movemento do elemento, ou prema Ctrl+V. O ficheiro sacarase do seu cartafol orixinal e movelo a outro cartafol.
Arrastrar ficheiros para copialos ou movelos
Abra o xestor de ficheiros e vaia ao cartafol que conteña o elemento que quere copiar.
Click Files in the taskbar, select New Window (or
press Ctrl+N) to open a second window. In
the new window, navigate to the folder where you want to move or copy the file.
Prema e arrastre o elemento dunha xanela a outra. Isto moverao se o destino está no mesmo dispositivo, ou copiarao se o destino está nun dispositivo diferente.
Por exemplo, se arrastra un ficheiro dunha memoria USB ao seu cartafol persoal este copiarase porque esta arrastrándoo desde un dispositivo a outro.
Para forzar a que se copie o ficheiro mantendo premida a tecla Ctrl mentres arrastra o ficheiro, ou forzar mover o ficheiro mantendo premida a tecla Maiús mentres arrastra o ficheiro.
Non poderá copiar ou mover un ficheiro dun cartafol que é só lectura. Algúns cartafoles son de só lectura para previr que faga cambios nos seus contidos. Pode cambiar que se poidan modificar elementos cambiando os permisos do ficheiro.