Seleccionar ficheiros por patróns
Pode seleccionar ficheiros dun cartafol en base a un patrón sobre o nome do ficheiro. Prema Ctrl+S para abrir a xanela Seleccionar elementos que coincidan con. Escriba un patrón que teña partes comúns dos nomes de ficheiros e caracteres comodín. Existen dous caracteres comodín dispoñíbeis:
* coincide con calquera número de calquera caracter, aínda que non en todos.
? coincide exactamente con un de calquera dos caracter.
Por exemplo:
-
Se ten un ficheiro de texto OpenDocument, un ficheiro PDF e unha imaxe que ten teñen o mesmo nome base Factura, seleccione os tres co patrón
Factura.*
-
Se ten algunhas fotos con nomes tales como Vacacións-001.jpg, Vacacións-002.jpg, Vacacións-003.jpg; seleccióneas co patrón
Vacacións-???.jpg
-
Se ten fotos como as anteriores pero que algunha delas foi editada e logo engadiu -editada ao final do nome do ficheiro da foto editada, seleccione as fotos editadas con
Vacacións-???-editada.jpg