O meu iPod novo non funciona
Se ten un iPod novo que non se conectou nunca antes a un computador, non se recoñecerá correctamente cando o conecte a un computador Linux. Isto é debido a que os iPods precisan configurarse e actualizarse usando o programa iTunes, que só funciona en Windows e en Mac OS.
Para configurar un iPod, instale iTunes nun computador con Windows ou Mac e conécteo. Terá que seguir uns poucos pasos para configuralo. Se se lle pregutna polo Formato de volume, seleccione MS-DOS (FAT), Windows ou similar. O outro formato (HFS/Mac) non funciona ben en Linux.
Unha vez que remate de configuralo, o iPod debería funcionar normalmente cando o conecte a un equipo Linux.