Conectar cunha rede sen fíos
Pode usar o seu computador como un punto de acceso sen fíos. Isto permite a outros dispositivos conectarse vostede sen precisar dunha rede aparte, e permítelle ao seu computador compartir unha conexión a Internet configurada noutra interface, como unha rede con fíos ou unha rede de banda larga móbil.
Open the system menu from the right side of the taskbar.
Seleccione Wifi non conectada ou o nome da rede sen fíos á cal está conectada. Expandirase a sección Wifi do menú.
Prema nas Preferencias da Wifi.
Prema o botón de menú na esquina superior dereita da xanela e seleccione Activar punto de acceso Wifi….
Se xa está conectado a unha rede sen fíos, preguntaráselle se quere desconectarse desa rede. Un adaptador sen fíos só pode conectarse ou crear unha única rede ao mesmo tempo. Prema Activar para confirmar.
Xerarase automaticamente un nome de rede (SSID) e unha chave de seguridade. O nome de rede estará baseado no nome do seu computador. Outros dispositivos precisarán esta información para conectarse ao «hotspot» que acaba de crear.