Resolución de problemas en redes sen fíos
Isto é unha guía paso a paso para resolver problemas que lle axudará a identificar e solucionar problemas coa súa conexión sen fíos. Se non pode conectarse a unha rede sen fíos, por algunha razón, trate de seguir as instrucións.
Realizaranse os seguintes pasos para conectar o seu computador a Internet:
Levar a cabo unha comprobación inicial
Recollendo información sobre o seu hardware
Comprobar o seu hardware
Tentar crear unha conexión co seu router sen fíos
Comprobar o seu módem e router
Para comezar, prema na ligazón Seguinte na parte superior dereita da páxina. Nesta ligazón, e outras como ela nas seguintes páxinas, levaranlle a través de cada paso na guía.
Usar a liña de ordes
Some of the instructions in this guide ask you to type commands into the command line (Terminal). You can find the Terminal application in the Desktop.
Se non está acostumado a usar a liña de ordes, non se preocupe — esta guía guiaráo en cada paso. Todo o que precisa lembrar é que as ordes son sensíbeis ás maiúsculas (polo que ten que escribir exactamente o mesmo que apareza), e premer Intro despois de escribir cada orde para executala.