Iniciar a sesión automaticamente
Pode cambiar as súas preferencias para que poida iniciar a sesión automaticamente na súa conta cando arrinca o computador:
Go to the Desktop and start typing Users.
Prema en Usuarios para abrir o panel.
Seleccione a conta de usuario na que quere iniciar sesión automaticamente no arrinque.
Prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Active Inicio de sesión automático.
Cando arrinque o computador de novo, iniciarase a sesión automaticamente. Se ten esta opción activada non terá que escribir o seu contrasinal para iniciar sesión na súa conta o que significa que calquera poderá iniciar o seu computador, poderá acceder á súa conta e os seus datos persoais, incluíndo os seus ficheiros e historial de navegación.
Se o seu tipo de conta é Estándar non poderá cambiar esta preferencia. Contacte co seu administrador de sistemas para que cambie esta preferencia por vostede.