Por que non se reproducen os DVD?
Se inserta un DVD no seu computador e non se reproduce, pode ser que non teña os codecs de DVD correctos instalados, ou o DVD sexa dunha rexión diferente.
Instalar os códecs correctos para a reprodución de DVD
Para reproducir DVD debe ter instalados os códecs axeitados. Un códec é unha peza de software que permite a outros aplicativos ler formatos de vídeo e son. Se tenta reproducir un DVD e non ten instalados os códecs axeitados, ofreceráselle instalalos por vostede. Se isto non acontece, debe instalar os códecs de forma manual - solicite axuda sobre como facer isto usando os foros de asistencia da súa distribución de Linux ou mediante outra forma.
DVDs are also copy-protected using a system called CSS. This prevents you from copying DVDs, but it also prevents you from playing them unless you have extra software to handle the copy protection. This software is available from a number of Linux distributions, but cannot be legally used in all countries. Please contact your Linux distribution for more information.
Comprobando a rexión dun DVD
Os DVD teñen un código de rexión, que lle di en que rexión do mundo está permitido reproducir o DVD. Se a rexión do seu reprodutor de DVD do seu computador non coincide coa rexión do DVD que tenta reproducir non poderá reproducir o DVD. Por exemplo, se ten un reprodutor de DVD da rexión 1 só poderá reproducir DVDs de América do Norte.
É posíbel en ocasións configurar a rexión usada polo seu reprodutor de DVD, pero só pode facerse unhas cantas veces antes de que se bloquee nunha rexión de forma permanente. Para cambiar a rexión de DVD do seu reprodutor de DVD do seu computador use regionset.
Pode atopar máis información sobre códigos de rexión de DVD en Wikipedia.