Outras persoas non poden reproducir os vídeos que eu creo
Se vostede fixo un vídeo no seu computador Linux e envioullo a alguén que usa Windows ou Mac OS, pode atopar problemas ao reproducir o vídeo.
Para poder reproducir o seu vídeo a persoa á que llo enviou debe instalar os códecs axeitados. Un códec é un programa que sabe como tratar un vídeo e mostrarllo na pantalla. Hai moitos formatos de vídeo diferentes e cada un require un códec diferente para poder reproducilo:
Open Files from the Desktop.
Prema co botón dereito sobre un ficheiro e seleccione Propiedades.
Vaia á lapela Son/Vídeo ou Vídeo e comprobe que Códec se mostra baixo Vídeo e Son (se o vídeo tamén ten son).
Pregunte á persoa que ten problemas coa reprodución se ten o códec correcto instalado. É posíbel que lle resulte útil buscar na Internet polo nome do códec máis o nome da súa aplicación de reprodución de vídeo. Por exemplo, se o vídeo emprega o formato Theora e ten un amigo que usa Windows Media Player para tratar de velo, busque «theora Windows Media Player». Normalmente poderá descargar o códec axeitado de balde, se non está instalado.
Se non pode encontrar o códec axeitado, ténteo co reprodutor multimedia VLC. Funciona en Windows, Mac OS y Linux, e permite unha grande cantidade de formatos de vídeo diferentes. De non ser así, tente converter o vídeo nun formato diferente. A maioría dos editores de vídeo son capaces de facer isto e as aplicacións específicos de converter vídeo están dispoñíbeis. Comprobe a aplicación de instalación de software para ver o que está dispoñíbel.
Hai algúns problemas máis, que poden evitar que alguén reproduza o vídeo. O vídeo podería terse danado cando se enviou (a veces os ficheiros grandes non se copian á perfección), pode haber problemas coa súa aplicación de reprodución de vídeo ou o vídeo pode non terse creado correctamente (poderían terse producido algúns erros no momento de gardar o vídeo).