Porque debería engadir unha conta?

Engadir as súas contas permítelle acceder aos servizos como o calendario, o chat e o correo electrónico no seu escritorio e fai que a información dos servizos sexa parte da súa experiencia de usuario. Ao engadir as súas contas pode manterse en contacto de forma moi doada con contas de diferentes servizos, como conversas, ao mesmo tempo. Simplemente configure a súa conta unha vez e, cada vez que arrinque o computador todas as súas contas e servizos estarán preparadas.

Para obter máis información sobre que aplicacións poden acceder aos servizos en liña, consulte Servizos en liña e aplicacións.