Onde podo atopar os ficheiros aos que quero facerlles copia de seguranza?

Decidir que ficheiros respaldar e sabe onde están é o paso máis dificil para tentar levar a cabo unha copia de respaldo. A continuación móstranse as localizacións máis comúns de ficheiros e axustes importantes que pode querer respaldar.

  • Ficheiros persoais (documentos, música, fotos e vídeos)

    Xeralmente están almacenados no seu cartafol (/home/oseu_nome). Poden estar en subcartafoles como Escritorio, Documentos, Imaxes, Música e Vídeos.

    Se o medio que usa para os seus respaldos ten espazo dabondo (se é un disco duro externo, por exemplo), considere respaldar completamente o seu cartafol persoal. pode averiguar canto espazo de disco duro usa o seu cartafol persoal empregando o Analizador de uso de disco.

  • Ficheiros ocultos

    De forma predeterminada ocúltase calquera cartafol ou ficheiro que comece por punto (.). Para ver ficheiros ocultos, prema o botón de menú na esquina superior dereita da xanela de Ficheirose prema Mostrar ficheiros ocultos, ou prema Ctrl+H. Pode copialos a unha localización de respaldo como calquera outro tipo de ficheiro.

  • Preferencias persoais (preferencias de escritorio, temas e preferencias das aplicacións)

    A maioría das aplicacións almacenan as súas preferencias en cartafoles ocultos dentro do seu cartafol persoal (vexa máis arriba para obter máis información sobre os ficheiros ocultos).

    A maioría das preferencias das súas aplicacións almacénanse en cartafoles ocultos .config e .local no seu cartafol persoal.

  • Opcións do sistema

    As preferencias para as partes importantes do seu sistema non se almacenan no seu cartafol persoal. Hai certos lugares nos cales poden almacenarse, porén a maioría deles están no cartafol /etc. En xeral, non precisa facer unha copia de respaldo destes ficheiros no seu computador persoal. Porén, se se trata dun servidor, debería crear unha copia de respaldo dos ficheiros dos servizos que estean en execución.