Cal é a diferenza entre calibración e caracterización?

Ao principio moita xente está confundida coa diferenza entre calibración e caracterización. A calibración é o proceso de modificar o comportamente de cor dun dispositivo. Xeralmente realízase a través de dous mecanismos:

  • Cambiando os controis ou preferencias internacionais que ten

  • Aplicando curvas ás súas canles de cor

A idea de calibración é a de poñer un dispositivo nun estado definido dependendo da súa resposta de cor. Xeralmente úsase como un instrumento do día a día para manter un comportamento reproducíbel. Tipicamente, a calibración almacénase en formatos de ficheiro específicos de dispositivo ou sistema que gardan a configuración do dispositivo ou curvas de calibración por canle.

A caracterización (ou perfilado) é gravar a forma na que un dispositivo reproduce ou responde á cor. Xeralmente o resultado almacénase nun perfíl ICC de dispositivo. Tal perfil non modifica por si mesmo a cor en ningunha medida. Permite ao sistema tal como o CMM (módulo de xestión de cor, «Color Management Module») ou a unha aplicación capaz de xestionar cor, modificar a cor ao combinarse con outro perfil de cor. Só sabendo as características de dous dispositivos se pode transferir a cor dun dispositivo a outro.

Teña en conta que unha caracterización (perfil) só será válida para un dispositivo se está no mesmo estado de calibración no que estaba cando se caracterizou.

No caso de perfiles de pantalla existe certa confusión adicional xa que a información de calibrado almacénase no perfil de conveniencia. Por convenio, almacénase nunha etiqueta denominada cvgt. Aínda que se almacena no perfil, ningunha das ferramentas ou aplicacións normais baseadas en ICC a teñen en conta. De igual forma, as ferramentas de calibrado e aplicacións típicos non son conscientes nin traballan coa información de caracterización (perfíl) ICC.