Podo obter unha notificación cando o meu perfil de cor non é preciso?

Podería ser recordado que ten que recalibrar os seus dispositivos despois dun período de tempo. Desafortunadamente, isto non é posíbel dicir, sen recalibrar, se un dispositivo é preciso, polo que o mellor é recalibrar os dispositivos regularmente.

Algunhas empresas teñen unhas directivas moi específicas para a caducidade das calibracións dos perfís, xa que perfiles de cor imprecisos poden marcar unha diferenza enorme nun produto final.

Se estabelece a directiva de tempo de caducidade e un perfil é máis antigo que a directiva, entón mostrarase un triángulo vermello de advertencia no panel de Cor xunto ao perfil. Tamén se mostrarán notificacións de advertencia cada vez que inicie a sesión no seu computador.

Para estabelecer a normativa para dispositivos de pantalla e impresoras, especifique o tempo máximo de aplicación da normativa, en días:

$ gsettings set org.gnome.settings-daemon.plugins.color recalibrate-printer-threshold 180
$ gsettings set org.gnome.settings-daemon.plugins.color recalibrate-display-threshold 90