Ampliar o área da pantalla
Magnificar a pantalla non é simplemente aumentar o tamaño do texto. Esta característica é como ter unha lupa que pode mover aumentando partes da pantalla.
Go to the Desktop and start typing Accessibility.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Prema sobre Ampliar na sección Vista.
Active Ampliar na esquina superior dereita da xanela Opcións de ampliación.
Pode moverse na área da pantalla. Movendo o rato polos bordos da pantalla, pode mover a área magnificada en diferentes direccións, permitíndolle ver a área da súa elección.
You can quickly turn zoom on and off by clicking the accessibility icon on the taskbar and selecting Zoom.
Pode cambiar o factor de magnificación, o seguemento do rato e a posición a vista magnificada na pantalla. Pode axustalos na lapela Magnificador da xanela Opcións de ampliación.
Para activar o punto de mira para axudarlle a atopar o rato ou punteiro da área táctil. Pode axustar a súa largura, cor e grosor desde a lapela Punto de mira da xanela de preferencias de Ampliación.
Pode trocar a vídeo invertido ou Branco sobre negro, e axustar as opcións de brillo, contraste e escala de grises do magnificador. A combinación destas opcións é útil para as persoas con visión reducida, calquera grao de fotofobia, ou simplemente para usar o seu computador baixo condicións adversas de iluminación. Pode activar e cambiar estas opcións desde a lapela Efectos de cor da xanela de preferencias de Ampliación.