Accesibilidade
The system includes assistive technologies to support users with various impairments and special needs, and to interact with common assistive devices. An accessibility menu can be added to the taskbar, giving easier access to many of the accessibility features.
Deficiencias visuais
Cegueira
- Ler a pantalla — Use o lector de pantalla Orca para ler a interface de usuario.
- Ler a pantalla en Braille — Use o lector de pantalla Orca cun dispositivo Braille actualizábel.
Visión deficiente
- Ampliar o área da pantalla — Amplíe a súa pantalla para que sexa máis sinxelo ver as cousas.
- Axustar o contraste — Facer que as xanelas e os botóns da pantalla sexan máis (ou menos) vívidos, para que sexan máis fáciles de ver.
- Cambiar o tamaño do texto de pantalla — Usar tipos de letra máis grandes para facer que o texto sexa máis sinxelo ler.
- Facer que parpadee o cursor do teclado — Facer que o punto de inserción parpadee e controlar a velocidade do parpadeo.
Deficiencias auditivas
- Mostrar unha alerta visual na pantalla nos sons de alerta — Activar alertas visuais para iluminar a pantalla ou a xanela canso se reproduza un son de alerta.
Deficiencias motoras
Movemento do rato
- Axustar a velocidade do rato e do área táctil — Cambiar como se move de rápido o punteiro cando usa o rato ou a área táctil.
- Faga clic e mova o punteiro do rato usando o teclado numérico — Activar Teclas do rato para premer e mover o punteiro do rato co teclado numérico.
Facendo clic e arrastrando
- Axustar a velocidade do dobre clic — Controlar a velocidade de pulsación do botón do rato para efectuar unha pulsación dobre.
- Simular o clic ao pasar por enriba — A pulsación ao pousarse (pulsación ao posicionar o punteiro) permítelle premer mantendo o rato quieto.
- Simular o clic dereito do rato — Para realizar unha pulsación dereita, prema e manteña o botón esquerdo do rato.
Uso do teclado
- Activar as teclas lentas — Ter un retardo ao premer unha tecla e o tempo que tarda en aparecer na pantalla.
- Activar as teclas pegañentas — Premer combinacións de teclas de forma seguida no lugar de ter que manter todas as teclas premidas á vez.
- Activar o rexeite de teclas — Ignorar pulsacións rápidas da mesma tecla.
- Disposicións de teclado — Usar as aplicacións e escritorio sen un rato.
- Usar un teclado en pantalla — Usar un teclado en pantalla para introducir texto premendo botóns co rato ou unha pantalla táctil.
- Xestionar a pulsación de teclas repetidas — Facer que o teclado non repita as letras cando se manteña unha tecla premida, ou cambiar o retardo e a velocidade de repetición das teclas.