Simular o clic dereito do rato
Pode facer que, no lugar de premer o botón dereito do rato, baste con manter pulsado o botón esquerdo do rato durante un tempo para realizar a mesma acción. Isto resulta útil se ten dificultades para mover os dedos dunha man de forma individual, ou se o seu dispositivo apuntador ten un só botón.
Go to the Desktop and start typing Accessibility.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Abra Asistencia de clic na sección Apuntar e premer.
Na xanela Asistencia ao clic, active Simular clic secundario.
Pode cambiar a duración da pulsación do botón esquerdo do rato antes de que se considere unha pulsación co botón dereito cambiando o atraso de aceptación.
Para premer co botón dereito do rato usando unha unha pulsación secundaria simulada, manteña premido o botón esquerdo do rato onde normalmente premería co botón dereito, despois sólteo. O punteiro encherase con unha cor diferente mentres mantén premido o botón esquerdo. Cando cambie a súa cor por completo, solte o botón para facer a pulsación dereita.
Algúns punteiros especiais, como os punteiros de redimensionado, non cambian a súa cor. Pode usar o clic secundario simulado como normalmente o fai, incluso se non ten un retorno visual do punteiro.
Se usa as Teclas do rato, isto tamén lle permitirá facer clic dereito premendo e mantendo a tecla 5 no seu teclado numérico.
In the Desktop, you are always able to long-press to right-click, even with this feature disabled. Long-press works slightly differently in the desktop: you do not have to release the button to right-click.