Comprobar o rendemento do seu disco duro
Para probar a velocidade do seu disco duro:
Open Disks from the Desktop.
Seleccione o disco desde a lista do panel esquerdo.
Prema o botón de menú e seleccione Probar rendemento do unidade… desde o menú.
Prema Iniciar proba de rendemento e axuste os parámetros Taxa de transferencia e Tempo de acceso como desexe.
-
Prema Iniciar proba de rendemento para probar a rapidez da lectura do disco. Requírense privilexios de administrador. Escriba o seu contrasinal, ou o contrasinal de administrador que se lle pida.
Se está marcado Levar a cabo unha proba de rendemento, a proba de rendemento tamén probará a rapidez de lectura e escritura do disco . Aínda que tamén levará moito máis tempo rematala.
Cando a proba remate, os resultados aparecerán no gráfico. Os puntos verdes e as liñas que se conectan indican os exemplos tomados; isto corresponde aos eixos vermellos, mostrando o tempo de acceso, mostrados fronte ao eixo inferior, que representa a porcentaxe de tempo gastada. A liña azul representa as taxas de lectura, mentres que a liña vermella representa as taxas de escritura; estas móstranse como taxas de acceso de datos no eixo esquerdo, fronte á porcentaxe de disco navegado, desde fóra até o eixo, máis aló do eixo inferior.
Embaixo do gráfico, móstranse os valores de taxa de lectura e escritura mínima, máxima e media, o tempo de acceso medio e o tempo que pasou desde a última proba de rendemento.