Eliminar ficheiros e cartafoles

Se xa non quere un ficheiro ou cartafol, pode eliminalo. Cando elimina un elemento, móvese ao cartafol Lixo, onde se garda ate que o baleire. Pode restaurar elementos do lixo á súa localización orixinal se decide que os precisa, ou se eliminounos accidentalmente.

Cortar e pegar ficheiros (para movelos)

  1. Seleccione o elemento que quere eliminar premendo sobre el unha vez.

  2. Prema Supr no seu teclado. Alternativamente, arrastre o elemento até o Lixo na barra lateral.

The file will be moved to the trash, and you’ll be presented with an option to Undo the deletion. The Undo button will appear for a few seconds. If you select Undo, the file will be restored to its original location.

Para eliminar ficheiros permanentemente e liberar espazo no computador, debe baleirar o lixo. Para baleirar o lixo, prema co botón dereito no Lixo na barra lateral e seleccione Baleirar lixo.

Eliminar de forma permanente un ficheiro

Pode eliminar un ficheiro permanentemente de forma inmediata, sen telo que enviar primeiro ao lixo.

Eliminar de forma permanente un ficheiro:

  1. Seleccione o elemento que quere eliminar.

  2. Prema e manteña a tecla Maiús e logo prema a tecla Suprimir no seu teclado.

  3. Xa que non é posíbel desfacer isto, preguntaráselle se quere eliminar o ficheiro ou cartafol.

Os ficheiros eliminados nun dispositivo extraíbel poden non ser visíbeis noutros sistemas operativos, tales como Windows ou Mac OS. Os ficheiros seguen aí, e estarán dispoñíbeis cando conecte o dispositivo de novo no seu computador.