Preferencias do comportamento do xestor de ficheiros
Pode controlar se abrir os cartafoles con un só clic ou con un dobre, como se xestionar os ficheiros de texto executábeis, ademais do comportamento do lixo. Prema o botón de menú na esquina superior da xanela e seleccione Preferencias e seleccione a lapela Comportamento.
Comportamento
- Un só clic para abrir elementos
- Dobre clic para abrir elementos
Por omisión, ao premer selecciónanse ficheiros e ao facer dobre clic sobre eles ábrense. Tamén pode escoller se quere que os ficheiros e cartafoles se abran con un só clic. Cando está no modo dun só clic, pode manter a tecla Ctrl mentres preme para seleccionar un ou máis ficheiros.
Ficheiros de texto executábeis
Un ficheiro de texto executábel é un ficheiro que contén un programa que pode iniciarse (executarse). Os permisos do ficheiro deben tamén permitirlle facelo para executalo como un programa. O máis común son scripts de Shell, Python e Perl. Os cales teñen as extensións .sh, .py e .pl, respectivamente.
Cando abra un ficheiro de texto executábel, pode seleccionar:
Executar os ficheiros de texto executábeis cando se abran
Ver os ficheiros de texto executábeis cando se abran
Preguntar cada vez
Se selecciona Preguntar cada vez, aparecerá un diálogo preguntándolle se desexa executar ou ver o ficheiro de texto seleccionado.
Os ficheiros de texto executábeis tamén chámanse scripts. Todos os scripts no cartafol ~/.local/share/nautilus/scripts aparecerán no menú contextual para os ficheiros baixo o submenú Scripts. Cando se executa un script desde un cartafol local, todos os ficheiros seleccionados pegaranse ao script como parámetros. Para executar un script nun ficheiro:
Navegue ao cartafol desexado.
Seleccione o ficheiro desexado.
Prema co botón dereito sobre o ficheiro para abrir o menú contextual e seleccione o script desexado para executar desde o menú Scripts.
Non se lle pasarán parámetros a un script cando se execute desde un cartafol remoto como un cartafol web ou contido ftp.
Lixo
- Preguntar antes de baleirar o lixo
Esta opción está seleccionada por omisión. Cando se vai a baleirar o lixo, aparece un mensaxe confirmando se quere baleirar o lixo ou eliminar os ficheiros.