Que é un controlador?
Os dispositivos son «partes» físicas do seu computador. Poden ser externos, como impresoras e pantallas, ou internos, como tarxetas gráficas e de son.
Para que o seu computador poida usar estes dispositivos, precisa saber como comunicarse con eles. Isto faino un elemento software denominado controlador do dispositivo.
Cando conecta un dispositivo ao seu computador, este debe ter instalado o controlador correcto para que o dispositivo funcione. Por exemplo, se conecta unha impresora pero non están dispoñíbel o controlador axeitado, non poderá usar esa impresora. Xeralmente, cada modelo de dispositivo ten os seus propios controladores que non é compatíbel con calquera outro modelo.
EN GNU/Linux, os controladores para a maioría dos dispositivos instálanse de maneira predeterminada, así que todo debería funcionar nada máis conectalo. É posíbel que precise instalar o controlador manualmente, ou pode que nin estea dispoñíbel.
Ademais, algúns controladores están incompletos ou non funcionan correctamente. Por exemplo, é posíbel que a súa impresora non poida imprimir a dobre cara, pero polo demais é completamente funcional.