Porque o meu computador non se acende logo de ir suspendelo?
Se suspende o seu computador e logo trata de espertalo, é posíbel que non funcione como esperaba. Isto podería ser debido a que o seu hardware non permite suspender.
O meu computador está durmindo e non se esperta
Se suspende o seu computador e logo preme unha tecla ou preme co seu rato, debería espertarse e mostrar unha pantalla que lle pregunta polo seu contrasinal. Se isto non ocorre, tente presinando o botón de acendido (non o manteña premido, prémao só unha vez).
Se isto non funciona, asegúrese de que o monitor do seu computador está acendido e tente premer unha tecla no seu teclado de novo.
Como último recurso, apague o computador mantendo premido o botón de acendido de 5 a 10 segundos. Ao facelo perderá os seus traballos sen gardar. Logo poderá acender o equipo novamente.
Se isto ocorre sempre que pon o seu computador a durmir, pode que a suspensión non funcione co seu hardware.
Se o seu computador gasta enerxía e non ten unha fonte de alimentación alternativa (como unha batería), apagarase.
Non teño conexión sen fíos á rede cando desperto o meu computador
Se suspende o seu computador e logo o desperta de novo, é posíbel que atope que a súa conexión a Internet, o rato, ou algún outro dispositivo non funcionan correctamente. Isto podería deberse a que o controlador do dispositivo non admite correctamente a suspensión. Isto é un problema co controlador e non co propio dispositivo.
Se o dispositivo ten algún interruptor de acendido, probe a apagalo e volver a acendelo. En moitas ocasións, o dispositivo volverá a funcionar de novo. Se se conecta mediante un cabo USB ou similar, desconécteo e vólvao a conectar, a ver se funciona.
Se non pode apagar ou desenchufar o dispositivo, ou se isto non funciona, e posíbel que deba reiniciar o computador para que o dispositivo volva a funcionar.