Que é a tecla Menú?
A tecla Menú, tamén coñecida como a tecla Aplicación, é a tecla que se atopa nalgúns teclados enfocados a Windows. Esta tecla normalmente está na parte inferior dereita do teclado, ao carón da tecla Ctrl, porén pode estar noutro lugar segundo o fabricante do teclado. Normalmente móstrase cando pasa co rato por enriba do menú: .
A función principal desta tecla é iniciar o menú contextual co teclado no lugar de premer o botón dereito do rato: é útil se o rato ou un dispositivo similar non está dispoñíbel, ou cando o botón dereito do rato non está presente.
A tecla Menú a miúdo omítese debido á falta de espazo, particularmente en teclados de portátiles. Neste caso, algúns teclados inclúen a tecla de función Menú que pode activarse cunha combinación da tecla Función (Fn).
O menú contextual é un menú que aparece cando preme co botón dereito. O menú que pode ver, se existe, é dependente do contexto e función da área na que prema co botón dereito. Se usa a tecla Menú, o menú contextual que se mostra para o área da pantalla sobre o que está o cursor no momento que preme a tecla.