O punteiro do rato non se move
Comprobe que o rato está conectado
Se ten un rato con cable, comprobe que está firmemente conectado ao seu equipo.
Se é un rato USB (cun conector rectangular), probe a conectalo nun porto USB distinto. Se é un rato PS/2 (cun pequeno conector redondo con seis pines), comprobe que está conectado nun porto verde do rato, e non nun porto violeta que é para o teclado. Pode que teña que reiniciar o computador se non está ben conectado.
Comprobe que o rato funciona realmente
Conecte o rato a un computador distinto para ver que funciona.
Se o rato é un rato óptico ou láser, debería brillar unha luz na parte inferior do rato, cando está acendido. Se non hai luz, comprobe que está activado. Se é así e aínda non hai luz, o rato pode que estea roto.
Comprobando un rato sen fíos
Asegúrese de que o rato está acendido. Xeralmente existe un interruptor na parte inferior do rato para apagar completamente o rato, de tal forma que pode movelo dun sitio a outro sen ter que espertalo constantemente.
Antes de comezar, asegúrese de que o Bluetooth está activado no seu equipo. Consulte a Apagar ou acender o Bluetooth.
Prema un botón e vexa se o punteiro do rato se move agora. Algúns ratos sen fíos póñense en modo de baixo consumo para aforrar enerxía, polo que pode que non respondan até que prema un botón.
Comprobe que a batería do rato está cargada.
Asegúrese que o receptor está conectado correctamente ao seu computador.
Se o rato e o receptor poden funcionar en canles de radio diferentes, asegúrese de que están na mesma canle.
É posíbel que teña que premer un botón do rato, o receptor ou ambos para estabelecer unha conexión. O manual de instrucións do seu rato debería ter máis información se este é o caso.
A maioría dos ratos sen fíos RF (radio), deberían funcionar automaticamente cando se conectan ao equipo. Se ten un rato sen fíos Bluetooth ou IR (infravermellos), pode que teña que realizar algúns pasos adicionais para que funcione. Os pasos poden depender da marca ou o modelo do rato.