Resolución de erros das conexións sen fíos
Comprobe que a súa tarxeta sen fíos foi recoñecida
Aínda que o seu adaptador de rede sen fíos estea conectado ao seu computador podería non recoñecerse como un dispositivo de rede polo seu computador. Neste paso, comprobará se o dispositivo foi recoñecido correctamente.
Abra unha xanela de Terminal, escriba lshw -C network e prema Intro. Se isto lle mostra unha mensaxe de erro, debe instalar o programa lshw no seu computador.
-
Busque na información que aparece para atopar a sección Interface sen fíos. Se o seu adaptador sen fíos foi detectado correctamente, debería ver algo similar (máis non idéntico) a isto:
*-network description: Wireless interface product: PRO/Wireless 3945ABG [Golan] Network Connection vendor: Intel Corporation
-
Se se mostra un dispositivo sen fíos, continúe ao paso de Controladores de dispositivos.
Se un dispositivo de rede se fíos non está na lista, os seguintes pasos que tome dependerán do tipo de dispositivo que use. Vaia á sección de embaixo que é relevanto ao tipo de adaptador de rede se fíos que o seu computador ten (internal PCI, USB, ou PCMCIA).
Adaptador sen fíos PCI (interno)
Os adaptadores PCI internos son os máis comúns, e atópanse en portátiles fabricados desde fai algúns anos. Os adaptadores PCI son adaptadores externos de tipo tarxeta e máis comúns en portátiles antigos:
Abra o terminal, escriba lspci e prema Intro.
-
Olle a lista de dispositivos que se mostra e busque calquera que este marcado como Network controller ou Ethernet controller. Algúns dispositivos poderían estar marcados deste xeito. O que corresponda co seu adaptador sen fíos podería incluír as palabras como sen fíos, WLAN, wifi ou 802.11. A continuación móstrase un exemplo de entrada á que se podería parecer:
Network controller: Intel Corporation PRO/Wireless 3945ABG [Golan] Network Connection
Se atopou o seu dispositivo na lista, proceda co paso de controladores de dispositivos. Se non atopou nada relativo ao seu adaptador sen fíos, consulte as instrucións de máis abaixo.
Adaptador sen fíos USB
Os adaptadores sen fíos que se conectan a un porto USB no seu equipo son menos comúns. Pódense conectarse directamente a un porto USB, ou pódense conectarse mediante un cable USB. Os adaptadores de banda larga móbil 3G son moi similares aos adaptadores sen fíos (wifi), así que se pensa que ten un adaptador sen fíos USB, comprobe que non é en realidade un adaptador 3G. Para comprobar se o seu adaptador sen fíos USB se recoñeceu:
Abra o terminal, escriba aplay -l e prema Intro.
-
Observe a lista de dispositivos que se mostran e busque calquera que se refira a unha rede sen fíos. O correspondente ao seu adaptador sen fíos debe incluír palabras tales como wireless, WLAN, wifi ou 802.11. Aquí ten un exemplo de como pode ser a entrada:
Bus 005 Device 009: ID 12d1:140b Huawei Technologies Co., Ltd. EC1260 Wireless Data Modem HSD USB Card
Se atopou o seu dispositivo na lista, proceda co paso de controladores de dispositivos. Se non atopou nada relativo ao seu adaptador sen fíos, consulte as instrucións de máis abaixo.
Comprobar un dispositivo PCMCIA
Os adaptadores PCMCIA sen fíos soen ser tarxetas rectangulares que se encaixan nunha ranura lateral do seu equipo portátil. Son máis comúns en equipos antigos. Para comprobar se o seu adaptador PCMCIA recoñeceuse:
Arrinque o seu computador sen conectar o adaptador sen fíos.
-
Abra o terminal e escriba o seguinte, logo prema Intro:
tail -f /var/log/messages
Isto mostrará unha lista de mensaxes relacionados co hardware do seu computador, e actualizarase automaticamente se algo relacionado co seu hardware cambia.
Introduza o seu adaptador sen fíos n aranura PCMCIA e comprobe que cambia na xanela do terminal. Os cambios deerían incluir algunha información sobre o seu adaptador sen fíos. Míreos e vexa se pode identificalos.
Para deter a orde que se está executando na terminal, prema Ctrl+C. Feito isto, pode pechar a terminal se quere.
Se atopou algunha información sobre o seu adaptador de rede sen fíos, vaia ao paso Controladores de dispositivo. Se non atopou ningunha información relacionada ao seu adaptador de rede sen fíos, vexa as instrucións de embaixo.
O adaptador sen fíos non se recoñeceu
Se o seu adaptador de rede non se recoñece, podería non estar funcionando correctamente porque os controladores axeitados non están instalados. A instalación de controladores dependerá da distribución de Linux que empregue (como Ubuntu, Arch, Fedora ou openSUSE).
Para obter axuda específica vexa as opcións de asistencia no sitio web da súa distribución. Hai distintas opcións que podería incluír desde roldas de correo electrónico e en liña onde poida preguntar sobre o seu adaptador de rede, por exemplo.