Que é un perfil de cor?

Un perfil de cor é un conxunto de datos que caracteriza ou un dispositivo, tal como un proxector, ou un espazo de cor, tal como sRGB.

A maioría dos perfiles de cor están nun formato ICC, que é un pequeno ficheiro cunha extensión .ICC ou .ICM.

Os perfiles de cor pódense empotrar en imaxes para especificar o espectro do rango dos datos. Isto asegura que o usuario ve as mesmas cores en diferentes dispositivos.

Cada dispositivo cuxo procesado de cor debe ter o seu propio perfil ICC e cando isto se logra díse que o sistema ten un fluxo de traballo de cor de principio a fin. Con este fluxo de traballo pode estar seguro de que as cores non se perden nin modifican.