Escribín o contrasinal correcto, pero sigo sen poder conectarme

If you’re sure that you entered the correct wireless password but you still can’t successfully connect to a wireless network, try some of the following:

  • Comprobe dúas veces que introduciu correctamente o contrasinal

    Os contrasinais son sensíbeis a capitalización (quere dicir que distinguen entre maiúsculas e minúsculas), de tal forma que se non usou unha maiúscula onde debería facelo, unha das letras é incorrecta.

  • Tente a chave hexadecimal ou ASCII

    O contrasinal que escribiu tamén pode representarse dunha forma distinta — como unha cadea de caracteres en hexadecimal (números 0-9 e letras a-f) chamado a chave de paso. Cada contrasinal ten unha frase de paso equivalente. Se ten acceso á súa frase de paso así como do contrasinal, tente escribir a frase de paso no lugar. Asegúrese de que selecciona a correcta seguranza sen fíos cando se lle pregunte polo seu contrasinal (por exemplo, seleccione chave WEP 40/128-bit se está escribindo unha chave de paso de 40 caracteres para unha conexión cifrada por WEP).

  • Tente apagar a súa tarxeta sen fíos e volvela a acender

    Algunhas tarxetas de rede bloquéanse ou experimentan un problema menor o que significa que non se conectan. Tente apagar a tarxeta e logo acéndaa de novo para reiniciala — vexa Resolución de problemas en redes sen fíos para obter máis información.

  • Comprobe que está usando o tipo correcto de seguranza sen fíos

    Cando se lle pregunte polo contrasinal de seguranza da rede, pode escoller o tipo de seguranza sen fíos a usar. Asegúrese que seleccionou o que usa o enrutador ou a estación base sen fíos. Isto debería seleccionarse por omisión, pero a veces pode que non sexa así por calquera razón. Se non sabe cal escoller, use a proba e erro con todas as opcións.

  • Comprobe que a súa tarxeta sen fíos é completamente compatíbel

    Algunhas tarxetas de rede sen fíos non son compatíbeis de todo. Mostran unha conexión sen fíos, pero non poden conectarse á rede porque os seus controladores non poden facelo. Vexa se pode obter un controlador sen fíos alternativo, ou se precisa levar a cabo algunha configuración adicional (como instalar un firmware diferente). Vexa Resolución de problemas en redes sen fíos para obter máis información.