Sobre esta guía
Esta guía está deseñada para describir as características do seu escritorio, responder ás súas preguntas relacionadas coa informática e ofrecerlle consellos para usar o seu computador de forma máis eficiente. Aquí están unhas poucas notas sobre esta guía de axuda:
Esta guía está ordenada en pequenos puntos orientados en asuntos, mais non capítulos. Isto significa que non terá que ollar todo o manual para atopar a resposta a unha pregunta.
Os temas relacionados móstranse de forma conxunta. A ligazón «Ver tamén» ao final dalgunhas páxinas levaralle directamente aos temas relacionados. Isto fai máis doado atopar puntos similares que poden axudarlle a realizar unha determinada tarefa.
Inclúe buscas integradas. A barra da parte superior do navegador de axuda é unh barra de busca, os resultados relevantes comezarán a aparecer no momento en que comece a escribir.
A guía está en constante mellora. Aínda que tentamos fornecerlle un conxunto importante de información de axuda, sabemos que non podemos responder a tódalas preguntas aquí. Seguiremos engadindo máis información para facer as cousas aínda máis útiles.