IRC

IRC significa Internet Relay Chat. É un sistema de mensaxaría instantánea multiusuario e en tempo real. Pode obter axuda de outros usuarios e desenvolvedores de GNOME no servidor de IRC de GNOME.

Para conectarse ao servidor de IRC de GNOME use Polari ou HexChat.

To create an IRC account in Polari, see the Polari documentation.

O servidor IRC de GNOME é irc.gnome.org. Tamén pode velo mencionado como «GIMP network». Se o seu computador está correctamente configurado, pode premer na ligazón irc://irc.gnome.org/gnome para acceder á canle de gnome.

Aínda que IRC é un sistema de conversas en tempo real, a xente non soe responder inmediatamente, polo que sexa paciente.

Teña en conta o código de conducta de GNOME cando chatea en IRC.